Free cookie consent management tool by TermsFeed
Galerías de arte
imprimir

Galerías de arte

Non só para amantes da arte: razóns para visitar as galerías de Santiago

Ademais da oportunidade de entrar en contacto co mundo da arte, as galerías de Santiago teñen un atractivo adicional: moitas delas están situadas en edificios históricos, e iso supón unha ocasión única para coñecer interesantes espazos interiores. Pero aquí tes outras 10 razóns para visitalas:

1. A entrada é completamente de balde.

2. En Santiago, incluso a galería máis grande é pequena, e iso fainas moi «manexables», visitables en media hora.

3. É moi habitual que expoñan artistas locais cun forte sentido do lugar, o que permite descubrir novos matices ou refrescantes perspectivas de Santiago, de Galicia...

4. Viño e queixo ou outros aperitivos e unha oportunidade para relacionarse co artista nas inauguracións.

5. Non hai presión ningunha para mercar: os galeristas están totalmente afeitos á xente que mira pero non compra.

6. Os galeristas saben moito de arte e dos artistas expostos, e están dispoñibles para responder as túas preguntas.

7. Falando con eles podes aprender moito de arte e do negocio da arte.

8. Moitas galerías ofrecen unha ampla variedade de prezos, para todos os presupostos, e algunhas tamén dispoñen de libros, catálogos, etc. que sempre son boas opcións.

9. Hai variedade de galerías, con contidos para todos os gustos.

10. Moitas delas non só se limitan a organizar exposicións. Ademáis acollen presentacións literarias, conferencias, obradoiros, contacontos e outras actividades para público infantil e familiar.